Ninguén nos cala Grupo de 3º de ESO "Os GueZetas" do C. P. I. de PONTE CARREIRA, FRADES
Galegando…Galegando o que?Galegando…., o galego que só se fala ao pé do lume, vaise a pique!…a pique tería que ir esta senrazón que desde logo che fende o corazón…e féndeche o corazón cando a Movistar chamas a Orange ou Vodafone e, por non entenderte, nin piden perdón….Eu teño que entender, VOSOTROS non, e, do dereito e do revés, ti, galego, un dogal tes.…nin dereito a ir ao cinema, pagar a entrada, e oír a Brad Pitt na propia lingua ocultada...sería un pracer, si señor, tamén oír o “x” de xamais, xeo, xunco, xogo... a Scarlett Johansson...Un pracer que ninguén...merlo, raposo, lobo ou rata debería nos quitar sen unha boa tunda gratis levar!...que os galegos non precisan espertar, que xa non dormen!...que o poder nega ao galego o deber de o aprender!....que despertar deberían aos que lle rouban o sono, moedas voadoras que non hai forma de as cambiar!....é nós xa sabemos que o galego está no toxo, por xenuíno, flor do reino coa do liño!Nós sabemos, outros fan que non saben.Os de Wanadoo, Jazztel, Fenosa non estudaron que Galiza é fermosa, claro que non!, porqueestudaron xeografía sen saber donde estaba Galiza, pero agora deberíano saber xa que hai atlas en galego para ler e aprender!Só que as grandes empresas están en plan de ironía e sobre Galiza non queren ter sabedoría!Porque entre o lume e a paixón o galego, nos galegos, vive no seu corazón!Porque Galiza é a nosa xente, o galego a nosa fala e por moito que nos digan...
...a nós ninguén nos cala...
NINGUÉN NOS CALA!
Despertando...
Non deixemos que atoponimia galega cheguecun son distorsionado aosoídos dos letreiros que nosguían á nosa casa,esa descoñecida Que imos ter?Que imos facer?A onde imos chegar?Deixemos de falar!Temos que espertar!E cando o fagamosQue imos ver?Un país deserto Un polígono industrialUnha poza gris de esquecementoUnha vila fantasmalasí é, así será;casas desertas, casas baldeirasque teu avó che deixaráe ti que farás?Un piso mercarás que lugar fantasmal,que as costas destruirá!unha construtora sen finos ladrillos derrúbanse sobre min!a polución vén por min!Mais que min? Se me din yo!Non entendo ese yo!Que dicían teus avós??
Soñando...Soñando que?De seguires así, non soñes,non cun novo milenio,que nós non veremosnon sen cambiar o ritmo que marca o diapasóncara a globalización tanto quixemos voar que as nosas ás deron marcha atrás.De non cambiares adeus ríos, adeus fontes,adeus vida,Good bye, GalizaTi que pensas…?-Conformáranse os frioleiroscoas borrallas do lumeonde un día lle contaban contos?- Porque non?Se nos arrincaron a lingua sen nos estremecerpor unha idade de xeo non imos morrer.-Quedaranos aos nostálxicos o consolo de reencontraro canto do silenciona fonoteca dos sons caídos en desuso?-Que máis dáse sexa como sexaGaliza non chorará, que cantaráaínda que siga ligandoirmáns con escravosGalegos con regos de sanguea louvanza coa esperanzaou gallaecia e callaecia- Pois que cante os berros que a esganenque onde vai xa que espertouda súa longa noite pecha,e pasadomañá quen sabe se durmirá?Que as súas reclamacións non só se escoiten,tamén se inxiran e asimilen,prestareille eu se cómpreas miñas cordas vocaisa imaxinación preñada de soños.Pero unha voz non é un coroun só soñando non constrúe un soñomáis,todos soñando, ao soño chegaremos,soña comigo!!!