Xa temos grupos gañadores Do Cantalingua 2015!

Xa temos grupos gañadores Do Cantalingua 2015!

Chegou o 15 de abril, e con el o día en que facemos públicos os grupos gañadores do Cantalingua!!

Logo de ter en conta as votacións realizadas polo CPI de Pontecesures, IES Ribadeo Dionisio Gamallo e IES de Tomiño, temos a alegría de informar que tres grupos gañaron o concurso. Estes foron:

No primeiro posto , Bocinazo, que co seu rock do rural e a súa canción “Oda ó Esterco” encandilaron ao xurado. Actuarán en Lugo -6 de maio-, A Coruña -14 de maio-, A Estrada -8 de maio-  e Pontevedra -15 de maio-!

No segundo posto, un grupo que xa o ano pasado deu que falar, Monoulious DOP, con “Morrer en Jalisia”. Contaremos con eles en Santiago de Compostela -4 de maio-, Ribadeo -5 de maio-, e Ourense -13 de maio-.

E en terceiro, as mulleres de Sacha na Horta que se presentaron con “Slowly, amigha” e estarán connosco en Tomiño  -11 de maio- e Vigo -8 de maio-.

Que vos parece? Cremos que a festa pola lingua está asegurada!!

Moitas grazas tamén a todos aqueles grupos que presentaron as súas cancións e que contribuíron a que o Cantalingua fose, unha vez máis, unha demostración do potencial que ten a música en galego!

Lembrade que podedes consultar os programas das festas finais na web do Correlingua.