Maio de 2003

Correlíngua,  é  unha proposta de carácter lúdico-educativo  que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

Os mozos e mozas de Galiza somos conscientes de que o galego é o idioma que nos representa e de que só en galego estamos no mundo exercendo de galegos e galegas. O Correlíngua é a grande festa da língua e, por iso, tamén é a festa da mocidade, a nosa festa.

 

 

 

 

 

Podes ter información completa sobre o correlíngua en: www.correlingua.org