|
ˇFALA,
NON CALES!
ˇOsíxeno, ozono, aire limpo,
"lingua-atletas"! Xa demostramos que temos bos pulmóns para correr a
eito. Cómpre agora amostrar todo o poder do noso músculo da boca.
Enchede o peito, e berrade comigo: ˇFala, non pares! ˇFala, non
cales!
"Alimenta ao planeta,
boura polo vento a lingua dos galegos non se aguanta nos
museos".
Abofé que si. O galego é unha
realidade fecunda, a lingua que eliximos moitos seres humanos para dicir,
as palabras máis fermosas: "quérote, auga, nai, lume, terra, vida". A
longo de moitos séculos foi minorizada, perseguida, marxinada, mais
ninguén deu acabado con ela. Non é unha lingua de museo, chegou o novo
milenio e seguimos cantando. O galego xermola cada día na nosa boca,
cargado de creatividade e de futuro. Por iso: ˇFala, non pares
! ˇFalan non cales!.
ˇCorrede
lingua-atletas!
"Eu quero andar polo
mundo mais por un mundo diverso onde cada home pouse o poder do
seu acento".
Estes son tempos de encontro e mestizaxe. Sabemos que
cada cultura pode darlle moita felicidade ao resto dos homes e mulleres do
planeta. Sempre estivemos lonxe, afastados dos centros dos mapas, agora
-gracias ás novas tecnoloxías- por fin podemos compartir a nosa
creatividade cos demais pobos da Terra. Neste conto somos grandes
expertos. En cuestións de mesturas levamos moitos anos de avantaxe. Todos
temos familia en Cuba e Arxentina, todos temos algún parente que marchou a
armar a súa vida a Suíza, Francia, Inglaterra ou Alemaña. No cerne da
enxebreza está o cosmopolitismo. Agora tócanos viaxar a nós. Eles
levaban suor e forza de traballo, os novos artistas galegos corremos polo
mundo para compartir, para facer máis rico o planeta co poder da nosa
cultura. Neste curruncho da Europa, a nosa boca non acouga. Armamos
música, teatro, literatura a eito, artes que se fan plenas pola forza da
palabra.
ˇFala, non pares! ˇFala,
non cales!
ˇOsíxeno, ozono, aire limpo,
"lingua-atletas"! Mais, ˇatención!. Velaí un ente gris, cargado de
monotonía, que quere paralizarnos o músculo da boca: "Son o xigante do
consumismo e moito me molesta que sexades distintos. A diversidade
non me vai. A diferencia é un problema para vender o que me
peta sempre coa mesma etiqueta".
O consumismo, coa súa dinámica
silandeira todo o quere dominar. Tenta que non pensemos, que non falemos,
que todos teñamos os mesmos gustos, que perdamos a identidade. Que só
sexamos espectadores, dispostos a comprar o que nos digan, dispostos a
tragar con todo o que nos manden. O mellor antídoto é a nosa propia
cabeciña. Sabemos pensar e volvemos a converternos en protagonistas da
vida cada vez que utilizamos -insisto- unha arma ben fermosa : a forza da
palabra.
ˇFala, non pares! ˇFala non
cales!
Por iso, ˇcorre lingua
corre!. Só hai vinte anos que, por primeira vez na historia, o galego
chegou ao ensino. Os problemas son moitos, mais aproveitamos ben a
oportunidade. Nunca tantos músicos, tantos escritores, tantos bos actores
houbo. Un tópico escuro dicía que eramos xente triste. Cando tivemos
opción de medrar na palabra, agromou un pobo de artistas, que asombra pola
súa creatividade. E este conto non acouga, agora é o noso
tempo, ˇFala non pares ˇFala non cales!
ˇOsíxeno, ozono, aire limpo
lingua-atletas! ˇCorre lingua, corre!. Que estas pingas de suor
fecunden á terra e xermole poderosa a palabra: ˇFuturo!
ˇFala, non pares! ˇFala,
non cales!
|