Ir a Outras Actividades

Afonso X, O Sabio - Cantigas profanas

Cantigas
I - Maria Pérez vi muit' assanhada II - Pero que ei ora mengua de companha III - Don Airas, pois me rogades IV - Don Meendo, vós veestes V - Falavan duas irmanas, estando ante sa tia VI - Don Meendo, Don Meendo VII - Non quer' eu donzela fea VIII - E com[e] omen que quer mal doitear IX - Vi un coteife de mui gran granhon X - Non me posso pagar tanto XI - Joan Rodríguiz foi osmar a Balteira XII - Ansur Moniz, muit' ouve gran pesar XIII - Senhor, justiça viimos pedir XIV - Fui eu poer a mão noutro di- XV - Pero da Pont' á feito gran pecado XVI - Don Foan, de quand' ogano i chegou XVII - Pero da Ponte, parou-se-vos mal XVIII - Cítola oí andar-se queixando XIX - Quero-vos ora mui ben conselhar XX - Com'eu en dia de Pascoa queria ben comer XXI - O genete XXII - De grado queria ora saber XXIII - Ao daian de Cález eu achei XXIV - O que foi passar a serra XXV - Domingas Eanes ouve sa baralha XXVI - O que da guerra levou cavaleiros XXVII - Mester avia Don Gil XXVIII - Achei Sancha Anes encavalgada XXIX - Penhoremos o daian XXX - Med' ei ao, pertigueiro que ten Deça XXXI - Direi-vos eu dun ricomen XXXII - Tanto sei de vós, ricomen: pois fordes na alcaria XXXIII - Se me graça fezesse este Papa de Roma! XXXIV - Don Rodrigo moordomo que ben pôs al Rei a mesa XXXV - Don Gonçalo, pois queredes ir daqui pera Sevilha XXXVI - a pregunt'ar quer'a el Rei fazer XXXVII - a pregunta vos quero fazer XXXVIII - Rei D. Alfonso, se Deus vos pardon XXXIX - Sénher, ara ie'us vein quer[er] XL - Ben sabia eu, mia senhor XLI - Pois que m'hei ora d'alongar XLII - Par Deus, senhor XLIII - Senhora, por amor Dios

- I - [Maria Pérez vi muit' assanhada,] por que lhi rogava que perdoasse Pero d'Ambroa, que o non matasse, nen fosse contra el desmesurada. E diss' ela: - Por Deus, non me roguedes, 5 ca direi-vos de min o que i entendo: se a vez assanhar me fazedes, saberedes quaes peras eu vendo. Ca [me] rogades cousa desguisada; e non sei eu quen vo-lo outorgasse: 10 de perdoar qu no mal deostasse, com' el fez a min, estando en sa pousada. E pois vejo que me non conhocedes, de mi atanto vos irei zendo: se a vez assanhar me fazedes, 15 saberedes quaes peras eu vendo. E, se m'eu quisesse seer viltada, ben acharia quen xe me viltasse; mais, se m'eu taes non escarmentasse, cedo meu preito non seeria nada; e en sa prol nunca me vós faledes, 20 ca, se eu soubesse, morrer' ardendo; se a vez assanhar me fazedes, saberedes quaes peras eu vendo. E por esto é grande a mia nomeada, 25 ca non foi tal que, se migo falhasse, que en eu mui ben non-[no] castigasse, ca sempre fui temuda e dultada; e rogo-vos que me non afiquedes daquesto, mais ide-m' assi sofrendo; 30 se a vez assanhar me fazedes, saberedes quaes peras eu vendo. - II - Pero que ei ora mengua de companha, nen Pero Garcia nen Pero d'Espanha nen Pero Galego non irá comego. E ben vo-lo juro par Santa Maria: que Pedro d'Espanha nen Pero Garcia 5 nen Pero Galego non iran cõmego. Nunca cinga espada con bõa bainha, se Pero d'Espanha nen Pero Galinha nen Pero Galego for ora cõmego. Galego, Galego, outren irá comego. 10 - III - Don Airas, pois me rogades que vos dia meu conselho, direi-vo-lo en concelho: por ben tenh' eu que vaades mui longe de mi e mui con meu grado. 5 E poren bon conselhar non dou vós, con estar peior, ca vos conselh' o milhor: que vaades ora morar mui longe de mi e [mui] con meu grado. 10 Conselho vos dou d' amigo; e sei, se o vós fezerdes e me d' aquesto creverdes, morar[e]des u vos digo: mui longe de mi e mui con meu grado. 15 - IV - Don Meendo, vós veestes falar migo noutro dia; e na fala que fezestes 3 perdi eu do que tragia. Ar querredes falar migo e non querrei eu, amigo. 6 - V - Falavan duas irmanas, estando ante sa tia; e diss' a a outra: - Naci en grave dia, e nunca caserei, 3 ai, mia irmana, se me non [for a] cas del-Rei. - VI - Don Meendo, Don Meendo, por quant' ora eu entendo, quen leva o baio, non leixa a sela. 3 Amigo de Souto Maior, daquesto soon sabedor: quen leva o baio, non leixa a sela. 6 Don Meendo de Candarei, per quant' eu de vós apres' ei, quen leva o bajo, non leixa a sela. 9 - VII - Non quer' eu donzela fea que ant' a mia porta pea. Non quer'eu donzela fea e negra come carvon, que ant' a mia porta pea 5 nen faça come sison. Non quer'eu donzela fea que ant' a mia porta pea. Non quer'eu donzela fea e velosa come can, 10 que ant' a mia porta pea nen faça come alermã. Non quer' eu donzela fea que ant' a mia porta pea, Non quer' eu donzela fea 15 que á brancos os cabelos, que ant' a mia porta pea nen faça come camelos. Non quer' eu donzela fea que ant' a mia porta pea. 20 Non quer' eu donzela fea, velha de ma[a] coor, que ant' a mia porta pea nen me faça i peior. Non quer' eu donzela fea 25 que ant' a mia porta pea. - VIII - ........................................................ E com[e] omen que quer mal doitear seus naturaes, sol nõno provedes, ca non son mais de dous, e averedes los a perder polos muito afrontar; e sobr' esto vos digo eu ora al: 5 daquestes dous, o que [vos] en meos val vos fará gran mengua, se o perdedes. E se queredes meu conselho filhar, creede-m'ora, ben vos acharedes: nunca muito de vó-los alonguedes, 10 ca non podedes outros taes achar que vos non conhoscan quen sodes nen qual; e se vos daquestes dous end'u fal, que por minguado que vos en terredes! - IX - Vi un coteife de mui gran granhon, con seu porponto, mais non d'algodon, e con sas calças velhas de branqueta. E dix'eu logo: - Poi-las guerras son, ai, que coteife pera a carreta! 5 Vi un coteife mao, val[a]di, con seu porponto - nunca peior vi, ca non quer Deus que s'el en outro meta. E dix'eu:-Poi-las guerras [já son i], ai, que coteife pera a carreta! 10 Vi un coteife mal guisad'e vil, con seu perponto todo de pavil e o cordon d'ouro fal[so] por joeta. E dix'eu: - Pois se vai o aguazil, ai, que coteife pera a carreta! 15 - X - Non me posso pagar tanto do canto das aves nen de seu son, nen d'amor nen de mixon nen d'armas-ca ei espanto, 5 por quanto mui perigo[o]sas son, - come dun bon galeon, que mi alongue muit' aginha deste demo da campinha, 10 u os alacrães son; ca dentro no coraçon senti deles a espinha! E juro par Deus lo santo que manto 15 non tragerei nen granhon, nen terrei d'amor razon nen d'armas, por que quebranto e chanto ven delas toda sazon; 20 mais tragerei un dormon, e irei pela marinha vendend' azeit' e farinha; e fugirei do poçon do alacran, ca eu non 25 lhi sei outra meezinha. Nen de lançar a tavlado pagado non sõo, se Deus m' ampar, aqui, nen de bafordar; 30 e andar de noute armado, sen grado o faço, e a roldar; ca mais me pago do mar que de seer cavaleiro; 35 ca eu foi já marinheiro e quero-m' ôi-mais guardar do alacran, e tornar ao que me foi primeiro. E direi-vos un recado: 40 pecado nunca me pod' enganar que me faça já falar en armas, ca non m'é lado (doado 45 m'é de as eu razõar, pois-las non ei a provar); ante quer' andar sinlheiro e ir come mercadeiro alga terra buscar, 50 u me non possan culpar alacran negro nem veiro. - XI - Joan Rodríguiz foi osmar a Balteira sa midida, per que colha sa madeira; e diss'e[la]: - Se ben queredes fazer, de tal midid'a devedes a colher, [assi] e non meor, per nulha maneira. 5 E disse: - Esta é a madeira certeira, e, de mais, nõna dei eu a vós sinlheira; e pois que s'en compasso á de meter, atan longa deve toda [de] seer, [que vaa] per antr'as pernas da'scaleira. 10 A Maior Moniz dei já outra tamanha, e foi-a ela colher logo sen sanha; e Mari'Airas feze-o logo outro tal, e Alvela, que andou en Portugal; e elas x'a colheron [] na montanha. 15 E diss':-Esta é a midida d'Espanha, ca non de Lombardia nen d'Alamanha; e, por que é grossa, non vos seja mal, ca delgada pera greta ren non val; e desto mui mais sei eu ea Abondanha. 20 - XII - Ansur Moniz, muit' ouve gran pesar, quando vos vi deitar aos porteiros vilanamente d'antre os escudeiros; e dixe-lhis logo, se Deus m'ampar: - Per boa fé, fazede-lo mui mal, 5 ca Don Ansur, ond'el[e] meos val, ven dos de Vilanansur de Ferreiros! E da outra parte ven dos d'Escobar e de Campos, mais non dos de Cizneiros, mais de Lavradores e de Carvoeiros; 10 e doutra vea foi dos d'Estopar; e d'Azeved' ar é mui natural, u jaz seu padr' e sa madr' outro tal, e jará el e todos seus erdeiros. E, sen esto, er foi el gaanhar 15 ben mais ca os seus avoos primeiros; e comprou Fouce, en terra de Cabreiros, e Vilar de Paes ar foi comprar pera seu corp', e diz ca non lh'en cal de viver pobre, ca, quen x'assi fal, 20 falecer-lh'an todos seus companheiros. - XIII - Senhor, justiça viimos pedir que nos façades, e faredes ben: a Gris furtaron tanto, que poren non lhi leixaron que possa cobrir; pero atant' aprendi dun judeu 5 que este furto fez u romeu, que foi [ante] já outros escarnir. E tenho que vos non veo mentir, pelos sinaes que nos el diss' en ca eno rostro trage, e non ten 10 por dereito de s'end' el encobrir; e se aquesto sofredes ben lheu, querran a outr' assi furtá-l'o seu, de que pode mui gran dano vir. E romeu que Deus assi quer servir 15 por levar tal furt' a Jelusalen, e sol non cata como Gris non ten nunca [mais cousa] de que se cobrir, ca todo quanto ele despendeu e deu, dali foi, - tod' aquesto sei eu 20 e quant' el foi levar e [er] vistir. - XIV - Fui eu poer a mão noutro di- a a a soldadeira no covon, e disse-m'ela: - Tol-te, arloton, ca non é est'a [ora d'alguen mi fornigar, u prendeu] Nostro Senhor 5 paixon, mais é-xe de min, pecador, por rnuito mal que me lh'eu mereci. U a vós começastes, entendi ben que non era de Deus aquel son, ca os pontos del no meu coraçon 10 se ficaron, de guisa que logu'i cuidei morrer, e dix' assi: - Senhor, beeito sejas tu, que sofredor me fazes deste marteiro par ti! Quisera-m'eu fogir logo dali, 15 e non vos fora rnui[to] sen razon, con medo de morrer e con al non, mais non púdi - tan gran coita sofri; e dixe logu' enton: - Deus, meu Senhor, esta paixon sofro por teu amor, 20 pola tua, que sofresti por min. Nunca, dê-lo dia en que naci, fui tan coitada, se Deus me perdon; e con pavor, aquesta oraçon comecei logo e dixe a Deus assi: 25 - Fel e azedo bevisti, Senhor, por min, mais muit' est' aquesto peior que por ti bevo nen que recebi. E poren, ai, Jesu Cristo, Senhor, en juizo, quando ante ti for, 30 nembre-ch'esto que por ti padeci! - XV - Pero da Pont' á feito gran pecado de seus cantares, que el foi furtar a Cotón, que, quanto el lazerado ouve gran tempo, el x'os quer lograr, e doutros muitos que non sei contar, 5 por que oj'anda vistido e onrado. E poren foi Coton mal dia nado, pois Pero da Ponte erda seu trobar; e mui mais lhi valera que trobado nunca ouvess' el, assi Deus m'ampar, 10 pois que se de quant' el foi lazerar serve Don Pedro e non lhi dá en grado. E con dereito seer enforcado deve Don Pedro, por que foi filhar a Coton, pois-lo ouve soterrado, 15 seus cantares, e non quis[o] en dar u soldo pera sa alma quitar sequer do que lhi avia emprestado. E porend' é gran traedor provado, de que se já nunca pode salvar, 20 come quen a seu amigo jurado, bevendo con el, o foi matar: todo polos cantares del levar, con os quaes oj'anda arrufado. E pois non á quen no poren retar 25 queira, secrá oi-mais por min retado. - XVI - Don Foan, de quand' ogano i chegou primeirament' e viu volta e guerra, tan gran sabor ouve d'ir a sa terra que logu' enton por adail filhou seu coraçon; e el fez-lh'i leixar, 5 polo mais toste da guerr' alongar, prez e esforço, - e passou a serra. En esto fez come de bõo sen: en filhar adail que conhocia; que estes passos maos ben sabia, 10 e el guardô-o logu' enton mui ben deles e fez-lhi de destro leixar lealdad' e de seestro leixar lidar [os outros e el ir sa via]. O adail é mui [mui] sabedor, 15 que o guiou per aquela carreira: por que [o] fez desguiar da fronteira e en tal guerra leixar seu senhor; e direi-vos al que lhi fez leixar: ben que podera fazer por ficar, 20 e feze-o poer aalen a Talaveira. Muito foi ledo, se Deus me perdon, quando se viu daqueles passos fora que vos já dix', e diss' en essa ora: - Par Deus, adail, muit' ei gran razon 25 de sempr' en vós mia fazenda leixar; ca non me mova d[aqu]este logar, se já mais nunca cuidei passar Lora. E ao Demo vou acomendar prez deste mundo, e armas e lidar, 30 ca non é jog' o de que omen chora. - XVII - Pero da Ponte, parou-se-vos mal: per ante o Demo do fogo infernal, por que con Deus, o padre spirital, minguar quisestes, mal per descreestes? E ben vej' ora que trobar vos fal, 5 pois vós tan louca razon cometestes. E pois razon [a]tan descomunal fostes filhar, e que tan pouco val, pesar-mi-á en, se vos pois a ben sal ante o Diaboo, a que obedeecestes. 10 E ben vej ora que trobar vos fal, pois vós tan louca razon cometestes. Vós non trobades come proençal, mais come Bernaldo de Bonaval; por ende non é trobar natural, 15 pois que o del e do Dem' aprendestes E ben vej' ora que trobar vos fal, pois vós tan louca razon cometestes. E poren, Don Pedr', en Vila Real, en mao ponto vós tanto bevestes. 20 - XVIII - Cítola oí andar-se queixando deque lhi non davan sas quitações; mais, desque [eu] oí ben sas razões e []na conta foi mentes parando, logo tiv' i que non dissera ben 5 e era já quite de todo sen: poren faz mal d'andar-s' assi queixando. E queixa-se-m'ele muitas vegadas dos escrivães e dos despenseiros [ca sempre lhe tolheron seus dinheiros]; 10 mais, pois veen a contas aficadas, logo lhi mostran ben do que quit' é; e pero digo-lh' eu que [o] mal é de quen no el quitou muitas vegadas. E por levá-l' a quitaçon dobrada 15 se [me] queixou; e catei u jazia no padron, e achei que avia de todo ben sa quitaçon levada; poren faz mal, que non pode peor; mais tant'á el de quitaçon sabor, 20 que a nega, pero x'a leva dobrada. - XIX - Quero-vos ora mui ben conselhar, meestre Joan, segundo meu sen: que, macar preit' ajades con alguen, non queirades con el en voz entrar, mais dad' a outren que tenha por vós; 5 ca vossa onra é [a] todos nós e quantos nós avemos per-amar. E pero se a quiserdes ter, nõna tenhades per ren ant' el-rei; e direi-vos ora por que o ei: 10 por que nunca vo-lo vejo fazer que vo-lo non veja teer assi que, pero vos el-rei queira des i ben juïgar, non á end'o poder. E ainda vos conselharei al, 15 por que vos amo [mui] de coraçon: que nunca voz en dia d'Acenson tenhades, nen en dia de Natal, nen doutras festas de Nostro Senhor nen de seus santos, ca ei gran pavor 20 de vos vi rnui toste deles mal. Nen ar na egreja non vos conselh' eu de teer voz, ca non á mester; ca, se peleja sobr' ela ouver, o arcebispo, voss' amigu' e meu, 25 a quen o feito do sagrado jaz, e a quen pesa do mal, se s' i faz, querrá que seja quanto avedes seu. E, pol amor de Deus, estad' en paz e leixade maa voz, ca rapaz 30 sol nõna dev' a ter nen judeu. - XX - Com'eu en dia de Pascoa queria ben comer, assi queria bõo son [e] ligeiro de dizer pera meestre Joan Assi com'eu queria comer [i] de bõo salmon, assi queria ao Avangelho rnui pequena paixon 5 pera meestre Joan. Assi como queria comer que me soubesse ben, assi queria bõo son [d]e seculorum amen pera meestre joan. Assi com'eu beveria [do] bõo vinho d'Ourens, 10 assi [eu] queria bõo son de [0] cunctipotens pera meestre Joan. - XXI - O genete pois remete seu alfaraz corredor estremece e esmorece 5 o coteife con pavor. Vi coteifes orpelados estar rnui mal espantados, e genetes trosquiados corrian-nos arredor; 10 tiinhan-nos mal aficados, [ca] perdian-na color. Vi coteifes de gran brio eno meio do estio estar tremendo sen frio 15 ant'os mouros d'Azamor; e ia-se deles rio que Aguadalquivir maior. Vi eu de coteifes azes con infanções malvazes 20 mui peores ca rapazes; e ouveron tal pavor, que os seus panos d'arrazes tornaron doutra color. Vi coteifes con arminhos, 25 conhecedores de vinhos, que rapazes dos martinhos, que non tragian senhor, sairon aos mesquinhos, fezeron todo peor. 30 Vi coteifes e cochões con mui [mais] longos granhões que as barvas dos cabrões: ao son do atambor os deitavan dos arções 35 ant'os pees de seu senhor. - XXII - De grado queria ora saber destes que tragen saias encordadas, en que s'apertan mui poucas vegadas, se o fazen polos ventres mostrar, por que se devan deles a pagar 5 sas senhores, que non te pagadas. Ai Deus! se me quisess' alguen dizer por que tragen estas cintas sirgadas muit' anchas, come molheres prenhadas: se cuidan eles per i gaanhar 10 ben das con que nunca saben falar, ergo nas terras se son ben lavradas. Encobrir non vo-lhas vejo fazer cõnas pontas dos mantos trastornadas, en que semelhan os bois das ferradas, 15 quando as moscas los ve coitar; nen se as cuidan per i d'enganar que sejan deles poren narnoradas. Outrossi lhis ar vejo [i] trager as mangas mui curtas e esfraldadas, 20 ben come se adubassen queijadas ou se quisessen tortas amassar; ou quiçá o fazen por delivrar sas bestas, se fossen acovadadas. - XXIII - Ao daian de Cález eu achei livros que lhe levavan d'aloguer, e oque os tragia preguntei por eles, e respondeu-m'el :-Senher, con estes livros que vós veedes dous 5 e conos outros que el ten dos sous, fod'el per eles quanto foder quer. E ainda vos end' eu mais direi: macar no leito muitas [el ouver], por quanto eu sa fazenda [ben] sei, 10 conos livros que ten, non á molher a que non faça que semelhen grous os corvos e as águias babous, per força de foder, se x'el quiser. Ca non á mais, na arte do foder, 15 do que []nos livros que el ten jaz; e el á tal sabor de os leer, que nunca noite nen dia al faz; e sabe d'arte do foder tan ben, que cõnos seus livros d'artes, que el ten, 20 fod'el as mouras cada que lhi praz. E mais vos contarei de seu saber, que cõnos livros que el ten [i] faz: manda-os ante si todos trager, e pois que fode per eles assaz, 25 se molher acha que o demo ten, assi a fode per arte e per sen, que saca dela o demo malvaz. E, con tod' esto, ainda faz al conos livros que ten, per bõa fé: 30 se acha molher que aja [o] mal deste fogo que de Sam Marçal é, assi [a] vai per foder encantar que, fodendo, lhi faz ben semelhar que é geada ou nev'e non al. 35 - XXIV - O que foi passar a serra e non quis servir a terra, é ora, entrant'a guerra, que faroneja? Pois el agora tan muito erra, 5 maldito seja! O que levou os dinheiros e non troux'os cavaleiros, é por non ir nos primeiros que faroneja? 10 Pois que ven cõnos postumeiros, maldito seja! O que filhou gran soldada e nunca fez cavalgada, é por non ir a Graada 15 que faroneja? Se é ric'ornen ou á mesnada, maldito seja! O que meteu na taleiga pouc' aver e muita meiga, 20 é por non entrar na Veiga que faroneja? Pois el chus mol é que manteiga, maldito seja! - XXV - Domingas Eanes ouve sa baralha con u genet', e foi mal ferida; empero foi ela i tan ardida, que ouve depois a vencer, sen falha, e, de pran, venceu bõo cavaleiro; 5 mais empero é-x'el tan braceiro, que ouv'end' ela de ficar colpada. O colbe colheu-[a] per a malha da loriga, que era desvencida; e pesa-m'ende, por que essa ida, 10 de prez que ouve mais, se Deus me valha, venceu ela; mais [log'] o cavaleiro per sas armas o fez: com' er' arteiro, já sempr' end' ela seerá esmalhada, E aquel mouro trouxe, com' arreite, 15 dous companhões en toda esta guerra; e de mais á preço que nunca erra de dar gran colpe con seu tragazeite; e foi-a achaar con costa juso, e deu-lhi poren tal colpe de suso, 20 que já a chaga nunca vai çarrada. E dizen meges:-Quen usa tal preit'e á atal chaga, já mais nunca serra, se con quanta lãa á en esta terra a escaentassen, nen cõno azeite; 25 por que a chaga non vai contra juso, mais vai en redor, come perafuso, e poren muit'á que é fistolada. - XXVI - O que da guerra levou cavaleiros e a sa terra foi guardar dinheiros, non ven al maio. O que da guerra se foi con maldade [e] a sa terra foi comprar erdade, 5 non ven al maio. O que da guerra se foi con nemiga, pero non veo quand' é preitesia, non ven al maio. O que tragia o pano de linho, 10 pero non veo polo Sam Martinho, non ven al maio. O que tragia o pendon en quiço e non erda de seu padre o viço, non ven al maio. 15 O que tragia o pendon sen oito e a sa gente non dava pan coito, non ven al maio. O que tragia o pendon sen sete e cinta ancha e mui gran topete, 20 non ven al maio. O que tragia o pendon sen tenda, per quant' agora sei de sa fazenda, non ven al maio. O que se foi con medo dos martinhos 25 e a sa terra foi bever los vinhos, non ven al maio. O que, con medo, fugiu da fronteira, pero tragia pendon sen caldeira, non ven al maio. 30 O que [ar] roubou os mouros malditos e a sa terra foi roubar cabritos, non ven al maio. O que da guerra se foi con espanto e a sa terra ar foi armar manto, 35 non ven al maio. O que da guerra se foi con gran medo contra sa terra, espargendo vedo, non ven al maio. O que tragia pendon de cadarço, 40 macar non veo eno mês de março, non ven al maio. O que da guerra foi per retraúdo, macar en Burgos fez pintar escudo, non ven al maio. 45 - XXVII - Mester avia Don Gil un falconcinho bornil, que non voasse, nemigalha non filhasse. u galguilinho vil, 5 que a lébor, de mil, non[a] filhasse, mais rabejasse e ladrasse. Podengo de riba Sil, que cufiasse un muril, 10 que lhi mejasse a Don Gil, quando lébor i achasse. Osas du javaril, que dessen per seu quadril, 15 [e embargasse] [a] Don Gil, quando lébor levantasse. - XXVIII - Achei Sancha Anes encavalgada, e dix' eu por ela cousa guisada, ca nunca vi dona peior talhada, e quige jurar que era mostea; e vi-a cavalgar per a aldeia 5 e quige jurar que era mostea. Vi-a cavalgar con un seu scudeiro, e non ia milhor un cavaleiro. Santiguei-m'e disse: - Gran foi o palheiro onde carregaron tan gran mostea; 10 vi-a cavalgar per a aldeia e quige jurar que era mostea. Vi-a cavalgar indo pela rua, rnui ben vistida en cima da mua; e dix' eu: - Ai, velha fududancua, 15 que me semelhades ora mostea! Vi-a cavalgar per a aldeia e quige jurar que era mostea. - XXIX - Penhoremos o daian na cadela, polo can, Pois que me foi el furtar meu podengu'e mi o negar; e, quant' é a meu cuidar, 5 estes penhos pesar-lh' an: ca o quer' eu penhorar na cadela, polo can. Penhoremos o daian na cadela, polo can. 10 Mandou-m' el furtar alvor o meu podengo melhor, que avia en sabor; e penhorar-lh'ei de pran e filhar-lh'ei a maior 15 sa cadela, polo can. Penhoremos o daian na cadela, polo can. Pero querrei-mi avr con el[e], se consentir; 20 mais, se o el non comprir, os seus penhos ficar-mi-an, e querrei-me ben servir da cadela, polo can. Penhoremos o daian 25 na cadela, polo can. - XXX - Med' ei ao, pertigueiro que ten Deça, semelha Pedro Gil na calvareça, e non vi mia senhor [á] mui gran peça, Mília Sancha Fernándiz, que muit'amo, - Antolha-xe-me riso, pertigueiro: chamo 5 Mília Sancha Fernándiz, que muit' amo. Med' ei do pertigueir' e ando soo, que semelha Pero Gil no feijoo, e non vi mia senhor, ond'ei gran doo, Mília Sancha Fernándiz, que muit' amo. 10 - Antolha-xe-me riso, pertigueiro: chamo Mília Sancha Fernándiz, que muit' amor. Med' ei do pertigueiro tal que mejo, que semelha Pero Gil no vedejo, e non vi mia senhor, ond' ei desejo, 15 Mília Sancha Fernándiz, que muit' amo. - Antolha-xe-me riso, pertiguerio: chamo Mília Sancha Fernándiz, que muit' amo. - XXXI - Direi-vos eu dun ricomen de com' aprendi que come: mandou cozer o vil omen meio rabo de carneiro, assi como cavaleiro; 5 E outro meio filhou e peiteá-lo mandou, ao colo o atou, en tal que o non aolhasse quen no visse e o catasse. 10 E pois ali o liou, estendeu-se e bucijou; por a velha enviou, que o veesse escantar d'olho mao de manejar. 15 A velha en diss' atal: - Daquesto foi, que non d'al: de que comestes mui mal. E começou de rfir muito del e[e]scarnir. 20 - Nunca vos diss[e] assi: fiida mester á i. Don Afonso diss' atal: - Faça-xo quen faz o al. - XXXII - Tanto sei de vós, ricomen: pois fordes na alcaria e virde-la azeitona, ledo seeredes esse dia: pisaredes as olivas conos pees ena pia. Ficaredes por estroso, por untad'e por lixoso. 5 Ben sei que seeredes ledo, pois fordes no Exarafe e virdes as azeitonas que foran de Don Xacafe: torceredes as olivas, como quer que outren bafe. Ficaredes por astroso. por untado, por lixoso. 10 Pois fordes na alcaria e virdes os põobares e virdes as azeitonas jazer per esses lagares, trilhá-las-edes ena pia con esses ca[l]canhares. Ficaredes por astroso, [por untado, por lixoso]. 15 - XXXIII - Se me graça fezesse este Papa de Roma! Pois que el[e] os panos da mia reposte toma, que levass' el os cabos e dess' a mi a soma; mais doutra guisa me foi el vendè-la galdrapa. Quisera eu assi ora deste nosso Papa 5 que me talhasse melhor aquesta capa. Se m' el graça fezesse con os seus cardeaes, que lh' eu desse, [en tal] que mos talhasse iguaes; mais vedes en que vi en el[e] maos sinaes: quando [o] que me furtou, foi cobri-lo sa capa. 10 Quisera eu assi ora deste nosso Papa que me talhasse melhor aquesta capa. Se conos cardeaes, con que faz seus conselhos, posesse que guardasse nós de maos trebelhos, fezera gran mercee, ca non furtar con elhos 15 e [os] panos dos cristãos meter sô sa capa. Quisera eu assi ora deste nosso Papa que me talhasse melhor aquesta capa. - XXXIV - Don Rodrigo moordomo que ben pôs al Rei a mesa, quando diss' a Don Anrique :-Pois a vosso padre pesa, non lhi dedes o castelo, - esto vos digo de chão, e dar-vos-ei en ajuda rnuito coteife vilão. E dos poldrancos de Campos levarei grandes companhas 5 e dar-vos-ei en ajuda tôdolos de Val de Canhas; e des i pera meu corpo levarei tal guisamento, que nunca en nen un tempo trouxo tal Pero Sarmento. Levarei Fernando Teles con gran peça de peões, todos calvos e sen lanças e con grandes çapatões; 10 e quen [aqu]estes mataren, creede ben sen dultança, que já mais en este mundo nunc[a] averá vingança. - XXXV - Don Gonçalo, pois queredes ir daqui pera Sevilha, por veerdes voss' amiga, eu nõno tenh' a maravilha: contar-vos-ei as jornadas légoa [e] légoa, milh[a] e milha. E ir podedes a Libira e torceredes já quanto, e depois ir a Alcalá se[n] pavor e se[n] espanto 5 que vós ajades d'i perder a garnacha nen no manto. E a cousa sei eu de vós e tenho por rnui gran brio, e poren vo-lo juro muit[o] a finas e a fio: que sempre avedes a morrer en invern' o[u] en estio. Eu poren[de] vo-lo rogo e vo-lo dou en conselho 10 que vós, entra[n]te a Sevilha, vos catedes no espelho e non dedes nemigalha por mercee de Joan Coelho. Por que vos todos amassen sempre vós muito punhastes, bõos talhos en Espanha metestes, pois i chegastes, e quen se convosco filhou, sempre vós d'el gaanhastes. 15 Sen esto, fostes cousido sempre muit'e mesurado, de todas cousas comprido e apost'e ben talhado, e [e]nos feitos ardido e muito aventurado. E pois que vossa fazenda teedes ben alumeada e queredes ben amiga fremosa e ben talhada, 20 non façades dela capa, ca non é cousa guisada. E pois que sodes aposto e fremoso cavaleiro, g[u]ardade-vos de seerdes escatimoso ponteiro, ca dizen que baralhastes con Juião Bolseiro. Con aquesto que avedes mui mais ca outro compristes; 25 u quer que mão metestes, guarecendo, en saistes; a quen quer que cometestes, sempre mal o escarnistes. E non me tenhades por mal, se en vossas armas tango: que foi das duas [e]spadas que andavan en u mango?, ca voz oí eu dizer: - Con estas pato eie frango. 30 E ar oí-vos eu dizer que a quen quer que chagassen con esta vossa espada, que nunca se trabalhassen jamais de o guareceren, se o ben non agualhassen. E por esto [vos] chamamos nós «o das duas espadas», por que sempre as tragedes agudas e amoadas, 35 con que fendedes as penas, dando grandes espadadas. - XXXVI - - a pregunt'ar quer'a el Rei fazer, que se sol ben e aposto vistir: por que foi el pena veira trager velh'an bon pan', e queremos riir eu e Gonçalo Martiz, que é 5 ome muit'aposto, per bõa fé, e ar querè-lo-emos en cousir. - Garcia Pérez, vós ben cousecer podedes: nunca de pran foi falir en querer eu pena veira trager 10 velha en corte, nen na sol cobrir; pero de tanto ben a salvarei: nunca me dela en corte paguei, mais estas guerras nos fazen bulir. - Senhor, rnui ben me vos fostes salvar 15 de pena veira, que trager vos vi; e, pois de vós a queredes deitar, se me creverdes, faredes assi: mandade logu'est'e non aja i al: deita[de-a] logu' en un muradal, 20 ca peior pena nunca d'esta vi. - García Pérez, non sabedes dar bon conselho, per quanto vos oi, pois que me vós conselhades deitar en tal logar esta pena; ca, s'i 25 o fezesse, faria mui[to] mal; e muito tenh'ora que mui mais val en dá-la eu a un coteif' aqui. - XXXVII - - a pregunta vos quero fazer, senhor, que mi devedes afazer: por que viestes jantares comer, que ome nunca de vosso logar comeu? [E] esto que pode seer, 5 ca vej' ende os erdeiros queixar? - Pa[a]i Gómez, quero-vos responder, por vos fazer a verdade saber: ouv' aqui reis de maior poder [en] conquerer e en terras gaanhar, 10 mais non quen ouvesse maior prazer de comer, quando lhi dan bon jantar. - Senhor, por esto non digu' eu de non, de ben jantardes, ca é gran razon; mai-los erdeiros foro de Leon 15 querran vosco, por que an pavor d' aver sobr' elo convosco entençon e xe lhis parar outr' ano peior. - Pa[a]i Gómez, assi Deus mi pardon, mui gran temp' á que non foi en Carrion 20 nen mi deron meu jantar en Monçon; e por esto non sõo pecador de comer ben, pois mi o dan [i] en don, ca de mui bon jantar ei gran sabor. - XXXVIII - - Rei D. Alfonso, se Deus vos pardon, desto vos venho [aqui] preguntar; [si]quer ora punhade de mi dar tal recado, que seja con razon: Quen dá seu manto, que lho guard' alguen, 5 e lho não dá tal qual o deu, poren, que manda [end'] o Livro de Leon? - Don Vaasco, eu fui já clerizon e Degreda soía estudar; e nas escolas, u soía entrar, 10 dos maestres aprendi tal liçon: que manto doutren non filhe per ren; mais se m' eu o melhoro, faço ben, e non sõo, por aquesto, ladron. - ReiDon Alfonso, ladron por atal 15 en nulha terra nunca chamar vi, nen vós, senhor, nono oístes a min, ca, se o dissesse, diria mal; ante tenho [já] por trajeitador (se Deus mi valha, nunca vi melhor) 20 quen assi torna pena de cendal. - Don Vaasco, dizer-vos quer' eu al daqueste preito, que eu aprendi: oí dizer que trajeitou assi ja a vez un rei en Portugal: 25 ouve un dia de trajeitar sabor e, por se meter por mais sabedor, fez [Foan] cavaleiro do Espital. - XXXIX - - Sénher, ara ie'us vein quer[er] un don que'm donetz, si vos plai: que vul[h] vostr' almiral seer en cela vostra mar de lai; e si o faitz, en bona fe 5 c'a totas las na[u]s que la son eu les farai tal vent de me, c' or la van totas a ban[don]. - Don Arnaldo, pois tal poder de vent' avedes, ben vos vai, 10 e dad' a vós devia seer aqueste don; mais digu' eu, ai, por que nunca tal don deu Rei? Pero non quer' eu galardon; mais, pois vo-lo já outorguei, 15 chamen-vos «Almiral Sison». - Lo don vos dei molt merceiar e l'ondrat nom que m' avetz mes, e d' aitan vos vul[h] segurar qu' an[c] será i om tan cortes: 20 que mia dona, qu'es la melhor del mond' e la plus avinent, farai passar a la dolçor del temps, cum filias alteras cent. - Don Arnaldo, fostes errar, 25 por passardes con batarès vossa senhor a Ultramar, que non cuid' eu que aja très no mundo de tan gran valor; e juro-vos, par San Vicent[e], 30 que non é bon doneador quen esto fezer a ciente. - XL - Ben sabia eu, mia senhor, que, pois m'eu de vós partisse, que nunca veeria sabor de ren, pois vos eu non visse; porque vós sodes a melhor 5 dona de que nunca oísse homen falar, ca o vosso bõo semelhar, sei que par nunca lh' homen pod' achar. 10 E, pois que o Deus assi quis, que eu sõo tan alongado de vós, rnui ben seede fiz que nunca eu sen cuidado en viverei, ca ja Paris 15 d'amor non foi tan coitado nen Tristán; nunca sofreron tal afán nen han quantos son nen seerán. 20 Que farei eu pois que non vir o mui bon parecer vosso? Ca o mal que vos foi ferir aquel é meu e non vosso, e por ende per ren partir 25 de vos muit'amar, non posso, nen farei, ante ben sei ca morrerei, se non hei vós, que sempre i amei. 30 - XLI - Pois que m'hei ora d'alongar de mia senhor que quero ben porque me faz perder o sen quando m'houver dela quitar, direi quando me lh'espedir: 5 De mui bon grado queria ir logo e nunca mais viir. Pois me tal coita faz sofrer qual sempr'eu por ela sofri des aquel dia que a vi, 10 e non se quer de min doer, atanto lhi direi por en: Moir'eu e moiro por alguen, e nunca voz direi mais en. E ja eu nunca veerei 15 prazer con estes olhos meus de quando a non vir, par Deus, e con coita que haverei, chorando lhi direi assi: Moir'eu porque non vej'aqui 20 a dona que por meu mal vi. - XLII - Par Deus, senhor, enquant' eu for de vós tan alongado, nunca en maior coita d'amor, 5 nen atán coitado foi en o mundo por sa senhor homen que fosse nado, penado, penado. Sen nula ren, 10 sen vosso ben, que tant'hei desejado, que ja o sen perdi por en e viv' atormentado, 15 sen vosso ben de morrer en cedo é mui guisado, penado,penado. Ca log'a1i u vos eu vi, 20 fui d'amor aficado tan muit'en mi, que non dormi nen houve gasalhado; se m'este mal durar assi, 25 eu nunca fosse nado, penado, penado. - XLIII - Senhora, por amor Dios, aved algún duelo de mí, que los m[i]os ojos como [r]ríos co[r]rem del día que vos vi. Ermanos e primos e tíos, todo'los yo por vos perdí. Se vos non pensades de mí, ¡fi!