CORRELINGUA
2008

365días.
EN GALEGO CABE TODO
como no teu mp3, como no teu i-pod, os 365 días do ano, sen límites, EN GALEGO CABE TODO
EN GALEGO CABE TODO.
MÁIS DE 40.000 RAPACES E RAPAZAS PARTICIPARON NO CORRELINGUA 2008
Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
En torno ao Día das Letras Galegas ten lugar o acto central de Correlingua, unha carreira non competitiva que percorre diferentes localidades. Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo,.... que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadoras do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.
VAI AO CALENDARIO E PREME NO LUGAR DO TEU CORRELINGUA PARA VER A INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES E O PROGRAMA DE CADA COMARCA.
EN BREVE ESTARÁN COLGADAS AS FOTOS, VIDEOS E CANCIÓNS QUE NOS FORON CHEGANDO DESDE OS DIFERENTES CORRELINGUA
ver video
O GRUPO SINEFRES DE BOIRO FOI O GAÑADOR DO A POLO GHIT DO CORRELINGUA 2008, CO TEMA NOITEBUS.
patrocina:


colaboran:




Últimas actualizacións:
Visite o último gañador/a do himno 21/06/2006
Visite o último gañador/a do manifesto 19/02/2008
Visite o último gañador/a da banda 17/04/2008
Consulta as últimas actualizacións do taboleiro 05/02/2007
Consulta as últimas actualizacións das ferramentas 23/01/2008